O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, entregou hoxe os diplomas aos 25 mozos e mozas participantes no primeiro campamento científico D´Tec, organizado pola Axencia Galega de Innovación en colaboración co CIS Tecnoloxía e Deseño.

Trátase dun programa de actividades para achegar os rapaces e rapazas a ámbitos como o deseño industrial, a impresión 3D, a realidade aumentada e virtual e a programación e ciberseguridade, guiados en todo o proceso de aprendizaxe por monitores con ampla experiencia en educación STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas).

Fonte: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/79076/conde-entrega-los-diplomas-los-participantes-campamento-cientifico-dtec?langId=gl_ES