O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network pon en marcha o próximo 4 de maio o programa formativo on-line: ELABORACIÓN, XESTIÓN E XUSTIFICACIÓN DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D+I. DE HORIZON 2020 A HORIZON EUROPE.

Este programa formativo on-line, de 30 horas de duración, impartirase en formato videoconferencia en tempo real ao longo de 12 sesións que se celebrarán entre os días 4 de maio e 15 de xuño de 2021, e contará para a súa impartición con relevantes expertos do eido institucional e a consultoría especializada.

Obxectivos do curso:

Ofrecer unha formación especializada: Analizaranse as opcións de financiamento para proxectos de I+D+i no novo Horizon Europe e trataranse as claves de éxito para redactar propostas gañadoras. Os participantes serán instruidos, ademais, sobre o funcionamento e a contorna virtual do programa (Funding&Tenders portal).
• Propiciar a xeración de ideas subvencionables: O curso centrarase nas prioridades Horizon Europe para o novo periodo de programación 2021-2027. Traballaranse e analizarase a viabilidade de ideas de proxectos xerados polos participantes e mostraranse proxectos gañadores e casos de éxito.
• Dar a coñecer os factores clave que fan a unha proposta gañadora. Estudaranse os aspectos que determinan o éxito dunha proposta de I+D+i altamente competitiva: enfoque europeo, carácter innovador, partenariado, aspectos financeiros, etc., e a súa evolución a Horizon Europe. Traballaranse consellos de éxito e recomendacións prácticas.
• Preparar aos participantes para a xestión do proxecto aprobado. Adestraranse as capacidades e aptitudes necesarias para enfocar a coordinación, a xestión e o control dos fondos e axudas conforme os criterios e requisitos marcados pola UE en xeral e polos programas marco de Investigación e Innovación en particular.

Para que a formación se poida desenvolver dunha maneira máis efectiva e personalizada o número de prazas é limitado e a selección das entidades participantes realizarase en base á traxectoria da entidade solicitante e ao seu plan de traballo para os próximos anos, priorizando ás entidades que poidan ser directamente beneficiarias do programa Horizon Europe.

Prazas limitadas!

Rexistro aberto ata o 26 de abril