- Este evento pasou.
Cine e Shwow Científico: Star Wars IV
22/11/2023 11:30h. - 14:00h.
No marco do programa D’tec de fomento das vocacións científico tecnolóxicas, organízanse dúas novas xornadas de Cine e show científico.
As sesións combinan a proxección dunha película cun espectáculo científico que se desenvolve a continuación, no que se analizan os contidos visionados dun modo ameno e atractivo, con experimentos e demostracións.
En cada xornada abordarase unha temática diferente, que irán desde a robótica ata a física ou as novas tecnoloxías.
Estas actividades están abertas a todos os públicos, cunha selección de películas apta para practicamente todas as idades. Estamos seguros de que será unha experiencia enriquecedora e divertida para todos os que participen.
Cine:
Star Wars. Episodio IV. Unha nova esperanza
Sinopse. A princesa Leia, líder dos rebeldes que loitan contra o imperio, é capturada polo temible Darth Vader. Ao seu rescate acoden Luke Skywalker e Han Solo, axudados polos robots R2D2 e C3PO. Son a última esperanza das forzas rebeldes para deter ao imperio e evitar que poña en marcha a súa arma máis temible: A estrela da morte.
Show científico
Na película contamos con todos os ingredientes da Ciencia Ficción moderna: naves espaciais que se comportan como avións de combate, raios láser utilizados como armas ou viaxes a velocidades lumínicas. No espectáculo analizaremos todos estes aspectos á luz da Ciencia, estudando a súa verosimilitude e as diferenzas coa realidade.
Data límite de inscrición: 20 de decembro de 2023.
Formulario de inscrición:
https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/formulario-inscricion-dtec-cine-nadal-2023-starwars-22-decembro-2023/