Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xornada “Metaverso” – Mesa redonda.

25/10/2022 9:30 am - 12:00 pm

Desde hai un tempo escoitamos, cada vez máis habitualmente, o termo Metaverso. Sobre todo a partir do momento no que unha gran empresa tecnolóxica fixo unha hábil manobra tendente a apropiarse do concepto e, dada a súa forza mediática, o convertese nun tema universal.

Que é o Metaverso?, hai un ou hai moitos?, xa podemos utilizalos?, interesa á miña empresa comezar a traballar no Metaverso?

Moitos profesionais podemos ter estas e outras dúbidas, e podemos dedicar horas e horas a buscar as respostas na web atopando, ou non, aquilo que buscamos.

Desde o CIS Tecnoloxía e Deseño deseñamos unha xornada na que, da man dunha serie de relatores de primeiro nivel, tentaremos facer as preguntas adecuadas e obter as repostas correctas, de modo que tras a finalización da mesma cada asistente poida tomar as medidas oportunas para entrar xa no Metaverso ou non facelo, e esperar, talvez, unha mellor ocasión para iso.

A xornada desenvolverase en liña, en formato de mesa redonda. Nela abordaranse unha serie de temas prefixados, e o debate enriquecerase con outros temas achegados polos propios relatores e polas consultas en directo dos asistentes.

Contaremos con Manuel Meijide de ILUX, Diego Asorey de KENDRA, Antonino Comesaña de Agalbit, Noemí Brito y Mónica Rodríguez de KPMG Abogados; Alex Rivas, de Skydream; e Ramón Suárez de ivigo.es.

Se desexas coñecer máis sobre o tema do metaverso propoñémosvos que leades este artigo antes de asistir á xornada, dado que vos pode facilitar asimilar os conceptos que se van a usar na mesma.

Artigo

Programa

Inscrición

Details

Date:
25/10/2022
Time:
9:30 am - 12:00 pm

Próximos eventos

Eventos anteriores