
- This event has passed.
Xornada On-line: Location Intelligence: Xeodatos aplicados á mellora da produtividade empresarial e ao marketing dixital
17/11/2022
Free
O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2022 un ciclo formativo de varias actividades, dirixidas especificamente a incrementar o coñecemento das empresas. A última actividade deste ciclo ten como tema principal os xeodatos e como aplicalos para mellorar a produción empresarial e ó márketing online.
A Location Intelligence ou xeolocalización de activos de interese empresarial é unha vertente do Business Intelligence que introduce o compoñente xeográfico na análise de datos. Hoxe en día unha gran parte dos datos están vinculados a localizacións físicas e momentos no tempo. Neste contexto a localización deixa de ser un mero conector entre diferentes fontes de datos, para converterse nun elemento crítico para resolver problemas empresariais e descubrir novas oportunidades. A Location Intelligence pode axudar ás súas organizacións a detectar tendencias, adiantarse aos competidores e tomar decisións máis intelixentes.
Este taller será impartido por María Ramos Sanz e Susana Serantes
María Ramos Sanz é enxeñeira de montes especializada en sistemas de información xeográfica, conta cunha traxectoria de 20 anos como experta independente ao servizo de administracións públicas e empresas.
Susana Serantes é licenciada en dereito con máis de 20 anos de experiencia en consultoría nas áreas de comercio exterior, desenvolvemento económico, industrialización e turismo.
PROGRAMA DÍA 17:
- ¿Qué é a Location Intelligence e qué pode achegar á miña empresa?
- Uso de datos xeolocalizados para mellorar procedementos internos.
- ¿Qué procedementos internos podo mellorar aplicando a Location Intelligence?
- ¿Cómo podo sacar máis partido ás bases de datos da miña empresa e mellorar os procedementos internos engadindo o compoñente xeográfico?
- ¿Qué podo aprender de cómo o están facendo outras empresas?
- Caso práctico: Localización da sede da empresa/nave/comercio introducindo os parámetros requiridos.
- Aplicando o aprendido na miña empresa. Formulación do caso práctico voluntario e tutorización.
PROGRAMA DÍA 24:
- Uso de datos xeolocalizados para optimizar o márketing online.
- ¿Cómo podo utilizar a Location Intelligence para mellorar a actividade de márketing da miña empresa?
- A xeolocalización orientada á captación de potenciais clientes (localización de targets para campañas de márketing a través de datos socioeconómicos da poboación, publicación da empresa en distintas plataformas).
- ¿Qué podo aprender de cómo o están facendo outras empresas?
- Solucións existentes no mercado
- Caso práctico: Localización dun target socioeconómico determinado para orientar unha campaña.
- Aplicando o aprendido na miña empresa. Formulación do caso práctico voluntario e tutorización.
Tras a finalización do curso a formadora facilitará unha titoría individual de 45 minutos a aqueles participantes que teñan unha idea de proxecto de aplicación á súa empresa.
Os criterios para poder acceder a esta titoría explicaranse na xornada.
Para que a formación se poida desenvolver dunha maneira máis efectiva e personalizada o número de prazas é limitado