Enterprise Europe Network é unha iniciativa da Comisión Europea creada no 2008 para axudar ás pemes a ser máis competitivas mediante o desenvolvemento da súa capacidade innovadora e o acceso a novos mercados. GAIN participa na EEN a través do consorcio Galactea-Plus formado por nove entidades de Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia.

Os servizos que ofrece a EEN van dende a resposta a unha dúbida sobre o ámbito de negocios europeo ata servizos de valor engadido como o fomento da cooperación empresarial, a internacionalización ou o fomento da innovación mediante a transferencia de tecnoloxía e a participación en proxectos de I+D+i.

Se es unha empresa ou entidade innovadora que busca socios internacionais, a EEN é a túa rede. Conéctate con entidades de máis de 60 países, incluidos os da Unión Europea!

Oportunidades tecnolóxicas, búsquedas de socios e eventos internacionais

A EEN xera e difunde anualmente máis de 10.000 propostas de cooperación a través da súa base de datos de oportunidades de cooperación tecnolóxica e empresarial.

Para comezar a recibir periódicamente información sobre ofertas/demandas tecnolóxicas, búsquedas de socios para proxectos internacionais ou eventos que se organizan no marco da EEN, simplemente debe cubrir o seguinte formulario.

Publicación de ofertas tecnolóxicas

Se a súa entidade desenvolveu unha tecnoloxía, producto ou proceso e desexa atopar socios interesados na mesma, cumplimente a ficha de Oferta Tecnolóxica, remítanola e publicaremos a súa oferta na base de datos da EEN a maior brevidade posible.

Publicación de demandas tecnolóxicas

Se a súa entidade identificou unha necesidade tecnolóxica ou quere atopar proveedores tecnolóxicos distintos aos actuais, cumplimente a ficha de Demanda Tecnolóxica, remítanola e publicaremos a súa demanda na base de datos da EEN a maior brevidade posible.

Búsqueda de socios en Europa

Se está a preparar unha proposta para un programa europeo de I+D+i e necesita incorporar socios con perfís concretos, cumplimente a ficha de Búsquedas de socios, remítanola e publicaremos a súa búsqueda na base de datos da EEN a maior brevidade posible.

Boletín EEN

A Axencia Galega de Innovación elabora periodicamente un boletín con información sobre: convocatorias, noticias, eventos e búsquedas de socios relacionadas con programas europeos de I+D+i. Se desexas recibir o boletín, por favor indícanolo enviándonos un correo a informa.gain@xunta.gal.

Pode acceder a todos os Boletíns EEN difundidos a través desta ligazón.

Tódolos servizos ofrecidos pola Enterprise Europe Network son gratuitos.

Máis información

  • No enderezo electrónico galactea.gain@xunta.es
  • No teléfono +34 981 337 146