Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Bootcamp: Proceso de decisión para a adquisición de tecnoloxías complexas (PORTUGAL)

13/09/2023 10:00h. - 14:45h.

Navegando o Futuro é un proxecto europeo que busca consolidar a transición tecnolóxica e promover a innovación no sector naval da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Para alcanzar esta meta, estánse a realizar diferentes accións, entre elas sesións de formación e bootcamps destinados a facilitar a toma de decisións para a adquisición de tecnoloxías complexas en pemes da industria naval.

Os bootcamps teñen como obxectivo mellorar os procesos empresariais antes de dixitalizalos (evitar a automatización de desperdicios), elixir a tecnoloxía adecuada de acordo ás súas necesidades e controlar a xestión do cambio para beneficiarse plenamente da tecnoloxía. O obxectivo é poñer en práctica os conceptos de mapeo da cadea de valor e análise da madurez dixital das empresas participantes, a través dun caso práctico que abarque tanto os fluxos físicos como os de información.

Ademais, xerarase a capacidade de mapear a cadea de valor actual e medir e cuantificar as diferentes oportunidades de mellora, tendo en cuenta os inputs tecnolóxicos dispoñibles. Como resultado, obterase un plan de implementación a través das metodoloxías de traballo Eventos Kaizen e Proxectos Tecnolóxicos.

Máis información e inscricións: aclunaga@aclunaga.es

Programa sesión en Portugal

Detalles

Data:
13/09/2023
Hora:
10:00h. - 14:45h.

Próximos eventos

Eventos anteriores