
- Este evento pasou.
Presentación dos programas MSCA doctoral networks e Postdoctoral fellowships
17/06/2021 10:00h.

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network en colaboración coa Fundación para el Conocimiento Madri+d, organiza o próximo 17 de xuño unha xornada informativa en liña: Presentación dos programas MSCA doctoral networks e Postdoctoral fellowships.
As Accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA) fomentan a mobilidade internacional e intersectorial en universidades, centros de investigación, infraestructuras de investigación, empresas, PEMEs e outros grupos socioeconómicos.
Durante esta xornada, Jesús Rojo, Punto de Contacto Nacional (NCP) para as MSCA presentará as dúas próximas convocatorias: Doctoral Networks (DN) e Postdoctoral Fellowships (PF) que abrirán próximamente.
Programa e rexistro:
https://xunta.webex.com/xunta/onstage/g.php?MTID=e1819ea71a1a5dd16b21cb44fbed9e26b
Rexistro aberto ata o 16 de xuño.