Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Utilidades avanzadas da Realidade Virtual e Aumentada en deseño e fabricación

15/06/2021 9:30h. - 11:30h.

Algúns informes apuntan que a cifra de negocio da realidade virtual, aumentada e mixta no 2030 podería roldar os 30.000 millóns de dólares.

Estudar a utilidade destas tecnoloxías na empresa, especialmente de fabricación, é o obxectivo da presente xornada.

Máis aló da evidente utilidade das aplicacións de formación por medio de Realidade Virtual ( RV); máis aló de secuencias sinxelas de mantemento virtual de equipos e instalacións por medio de Realidade Aumentada ( RA); coñecida a utilidade dos catálogos de produto con RA, e das feiras e outros certames con avatares virtuais que se impuxeron durante a pandemia, desde o CIS Tecnoloxía e Deseño queremos mostrar que utilidade teñen estas tecnoloxías nos procesos de deseño e fabricación, tanto en o estado actual da tecnoloxía como nun previsible futuro inmediato.

Para iso mostraremos casos reais que se desenvolveron coas tecnoloxías de RV e RA e que van un paso máis aló, permitindo mellorar procesos industriais e axudando así a que as empresas que os utilizan poidan ser máis competitivas, e afronten en mellores condicións un mercado cada vez máis global.

Poderemos ver exemplos avanzados de uso no sector naval, no do automóbil ou o enerxético e poderemos extrapolar estas experiencias a outros sectores produtivos de Galicia.

Programa

INSCRICIONS


    Detalles

    Data:
    15/06/2021
    Hora:
    9:30h. - 11:30h.
    Categoría do Evento:

    Ubicación

    Ciclo Online

    Organizador

    CIS Tecnoloxía e Deseño
    Teléfono:
    981 337 133
    Páxina web:
    http://cistecnoloxiaedeseno.gal

    Próximos eventos

    Eventos anteriores