
- Este evento pasou.
Sesión formativa e bootcamp: Proceso de decisión para a adquisición de tecnoloxías complexas
15/06/2023 8:00h. - 16/06/2023 17:00h.

Navegando o Futuro é un proxecto europeo que busca consolidar a transición tecnolóxica e promover a innovación no sector naval da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Para lograr este obxectivo, desenvolveranse distintas accións, entre elas, sesións formativas e bootcamps orientados a facilitar a toma de decisións para a adquisición de tecnoloxías complexas en pemes da industria naval. Os bootcamps pretenden mellorar os procesos empresariais antes de dixitalizalos (evitar a automatización de desperdicios), escoller a tecnoloxía apropiada acorde ás súas necesidades e controlar a xestión do cambio para beneficiarse plenamente da tecnoloxía.
O obxectivo é poñer en práctica os conceptos de mapeo da cadea de valor e análise da madurez dixital das empresas participantes, a través dun caso práctico que abarque tanto os fluxos físicos como os de información. Ademais, xerarase a capacidade de mapear a cadea de valor actual e medir e cuantificar as distintas oportunidades de mellora, tendo en conta os inputs tecnolóxicos dispoñibles. Como resultado, obterase un plan de implementación a través das metolodoxías de traballo Eventos Kaizen e Proxectos Tecnolóxicos. Como actividade previa ao bootcamp, levarase a cabo unha sesión formativa para preparar aos participantes a través da introdución dos conceptos que se poñerán en práctica posteriormente, para así gañar maior produtividade e resultados óptimos.
Información e inscricións: aclunaga@aclunaga.es