Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada “Diseccionando un Xemelgo Dixital Intelixente”

30/05/2023 9:30h. - 11:30h.

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación organiza o vindeiro martes 30 de maio o segundo Encontro de Tecnoloxías Innovadoras 2023.

Como continuación do encontro anterior, no que contamos con expertos de diversos sectores como naval, aeronáutico, ou automoción, que explicaron o seu concepto de Xemelgo Dixital (apreciando as diferencias segundo a tipoloxía de industria), esta xornada pretende mostrar un enfoque do que o CIS Tecnoloxía e Deseño considera que debe ser un Xemelgo Dixital Intelixente (GDI); qué tecnoloxías debe involucrar; e cómo se integran para conseguir un Xemelgo Dixital realmente avanzado.

Aplicando este modelo de GDI, as empresas poden conseguir, entre outros beneficios, dar o salto ao seguinte nivel do mantemento. Cun GDI podemos simular situacións reais, probables ou escasamente probables, descubrir as súas implicacións e con iso tomar decisións moito antes de que se produzan erros ou fallos no sistema. É un paso aínda máis avanzado que o mantemento preditivo e permite optimizar cada produto de forma individual, segundo o seu uso real.

Dentro deste GDI veremos conceptos como: sensórica, caracterización e simulación 2D, conexión bidireccional en tempo real (IoT), ou maching learning.

Nesta xornada contaremos coa experiencia de Alicia Munín, docente da Escola Politécnica de Enxeñería da UDC, con David García Selfa, coordinador do proxecto FNS no Centro de Supercomputación de Galicia, e con David de la Varga, responsable de I+D na empresa Detegasa, que mostrará un caso real de GDI.

Teoría e posta en práctica, todo nunha mesma sesión!

Esta xornada enmárcase dentro das actividades da rede Enterprise Europe Network.

Programa

Inscrición

Detalles

Data:
30/05/2023
Hora:
9:30h. - 11:30h.

Próximos eventos

Eventos anteriores