O CIS  Tecnoloxía e  Deseño ven de colaborar co  Servizo de Oftalmoloxía do  CHUF –Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol- nun proxecto para o desenvolvemento dun sistema de  retinografía móbil.

O CIS  Tecnoloxía e  Deseño participou na definición final do deseño, na elaboración do prototipo mediante a utilización de tecnoloxías de impresión 3D, no ensaio e na elaboración do produto final. A particularidade máis destacable deste proxecto é que a toma de fotografías oculares realízase cun  teléfono móbil. Este equipo de  retinografía móbil, de baixo custo, permite a súa implantación naqueles centros onde non é posible dispoñer dun equipo estándar, cuxo custo é moi elevado.

O CIS  Tecnoloxía e  Deseño, dependente da  Axencia  Galega de Innovación ( GAIN), conta con máis de 25 anos de experiencia no deseño 3D e na fabricación de prototipos rápidos.