Avanza que a instalación, localizada no CIS Tecnoloxía e Deseño da Xunta, fomentará a creación de ecosistemas cos principais axentes desta industria; impulsando tecnoloxías propias para a transformación dixital; e apoiará ás universidades e centros de FP, de cara á actualización de coñecementos.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o papel estratéxico na dixitalización do naval que desempeñará desde Ferrol o Centro de Excelencia do Sector Naval (Cesena), chamado a ser, afirmou, a instalación de referencia nun futuro PERTE desta industria.

Durante o acto de inauguración, Feijóo aseverou que a posta en marcha do Cesena na sede do CIS Tecnoloxía e Deseño, dependente da Xunta de Galicia, supón un fito: “Un fito polo aquí porque está en Ferrol. E polo agora, porque se necesita reactivar o sector naval e moi especialmente os estaleiros de Ferrol”, explicou.

Nesta liña, avanzou que o Cesena desenvolverá a súa actividade sobre tres eixes: a colaboración, fomentando a creación de ecosistemas cos principais axentes do sector -Navantia, estaleiros privados, industria auxiliar e cadea de subministración-; a innovación, impulsando tecnoloxías propias para a transformación dixital do sector; e a educación, apoiando ás universidades e centros de Formación Profesional, con programas académicos para que as novas xeracións saian ao mercado laboral cos coñecementos máis actualizados sobre transformación dixital.

Ver a nova completa:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/61963/feijoo-destaca-papel-estratexico-dixitalizacion-naval-que-desempenara-desde-ferrol