GAIN participa no grupo sectorial de agroalimentación da EEN formado por 100 membros de 28 países. Na reunión que ten lugar os días 5 e 6 de outubro  analizaranse os próximos eventos, convocatorias e accións de interese a nivel europeo para as empresas do sector agroalimentario.

  

O CIS Tecnoloxía e Deseño forma parte da Enterprise Europe Network (EEN), unha iniciativa da Comisión Europea creada no 2008 para axudar ás pemes a ser máis competitivas mediante o desenvolvemento da súa capacidade innovadora e o acceso a novos mercados.

O CIS Tecnoloxía e Deseño participa na EEN a través do consorcio EEN-GalacteaPlus, formado por dez entidades de Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia.

A través da EEN ofrecemos servizos gratuítos, que van dende a resposta a unha dúbida sobre o ámbito de negocio europeo ata servizos de valor engadido, como o fomento da cooperación empresarial, a internacionalización ou o fomento da innovación mediante a transferencia de tecnoloxía e a participación en proxectos de I+D+i.

Se a túa empresa busca socios internacionais, a EEN é a túa rede. Conéctate con entidades de máis de 60 países, incluídos os da Unión Europea!