• Candidatura: 0181_NANOEATERS_1_E
  • Acrónimo: NANOeaters
  • Título: Transferencia e valorización de nanotecnoloxías a PEMES innovadoras (early adopters) da Eurorrexión.
  • Área de Cooperación: 1 – GALICIA – NORTE DE PORTUGAL
  • Eixo: Crecemento intelixente a través dunha cooperación transfronteiriza para o impulso da Innovación
  • Duración: xullo 2017 – decembro 2019

Centros de coñecemento e administración, xunto co INL traballarán para impulsar a transferencia tecnolóxica dende as Universidades e Centros Tecnolóxicos as empresas da eurorrexión, procurando impulsar as Nanotecnoloxías como catalizador do desenvolvemento tecnolóxico na Euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.

Resumo do Proxecto

  • Custe Total do Proxecto (indicativo): 4.225.750,67€
  • FEDER Total aprobado: 3.191.813,05€

O proxecto 0181_NANOeaters_1_E está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, NANOeaters é unha rede de cooperación entre Centros de Investigación e Institucións Públicas para promover o desenvolvemento de solucións nanotecnolóxicas de valor engadido orientadas ao mercado.

NANOeaters promove a colaboración entre Centros de Investigación e PEMES Innovadoras (early adopters), apoiando as empresas no proceso de transferencia de tecnoloxía. O obxectivo é a aplicación comercial destes coñecementos en novos produtos e servizos que proporcionen solucións efectivas ás debilidades identificadas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia e Norte de Portugal.

Obxectivo

Apoiar as empresas da Eurorrexión na aplicación de solucións nanotecnolóxicas de valor engadido, para a definición de novos produtos e/ou servizos, susceptibles de explotación comercial, que ofrezan respostas efectivas ás debilidades detectadas na Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. Preténdese conseguir os seguintes beneficios :

  • Transformar a Eurorrexión Estratéxica Galicia-Norte de Portugal nunha referencia internacional no campo da nanotecnoloxía.
  • Ser un axente catalizador do cambio na zona tranfronteiriza.
  • Promover desenvolvementos futuros noutras rexións Ibéricas.

Resultados

O proxecto permitirá que os centros de coñecemento avancen no desenvolvemento tecnolóxico dos seus proxectos dende as etapas de Proba Concepto e Análise de Laboratorio ata a demostración do sistema piloto e incorporación de deseño comercial.
En concreto, ten por obxectivo que o resultado das capacidades desenvolvidas en 10 Proxectos ou Casos de Uso por parte dos Centros de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, se materialicen en 22 demostradores e experimentos en empresas da Eurorrexión, que terán como obxectivo produtos e servizos aptos para a explotación comercial.