Impresión 3D e telefonía móbil permiten o estudo da retina ocular

DESEÑO E FABRICACIÓN DUN EQUIPO PORTÁTIL DE TOMA DE  RETINOGRAFÍAS

Nos últimos anos fíxose evidente a mellora de calidade que ofrecen as cámaras fotográficas dos equipos de telefonía móbil grazas á enorme potencia gráfica. Doutra banda, o avance tecnolóxico das impresoras 3D de deposición de plástico ofrece un abanico de posibilidades no desenvolvemento de proxectos de diversa índole.
Esta capacidade para a toma de fotografías de alta calidade, mesmo con equipos de gama media, xunto coas últimas tecnoloxías de impresión 3D de deposición de plástico permitiron aos promotores deste proxecto – o Servizo de Oftalmoloxía do CHUF (Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol) e o CIS Tecnoloxía e Deseño – a creación de equipos de retinografía portátiles de baixo custo e altas prestacións.
Cada conxunto consta de 8 pezas plásticas unidas por medio de baleas roscadas e porcas metálicas que permiten o uso con calquera tipo de teléfono e tamén, variar a distancia focal do equipo.
Producíronse unha vintena de equipos que o grupo de oftalmoloxía do CHUF ten xa distribuido entre os centros con menos recursos e que mellorarán considerablemente a atención aos seus pacientes.

Empresa:
IBCINEMA