O Comité de Xestión do Interreg V A España Portugal (POCTEP), financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) acordou conceder unha axuda de case 150.000 € ao proxecto NAVEGANDO O FUTURO no que participa a Axencia Galega de Innovación a través do CIS Tecnoloxía e Deseño.

O obxectivo deste proxecto é levar a cabo accións que consoliden a transición tecnolóxica do sector naval a través do fomento e atracción de vocacións tecnolóxicas cara ao sector, mediante actuacións que demostren o uso da TFE no sector naval entre o alumnado de educación terciaria así como a consolidación da transición tecnolóxica do sector naval mediante accións formativas de mandos intermedios na adquisición de tecnoloxías avanzadas.

Con este proxecto espérase acadar os seguintes resultados:

  • 8 accións demostrativas do uso do TFE no naval, para estudantes de ensino superior
  • 120 alumnos sensibilizados
  • 2 accións de adquisición de competencias para compras tecnolóxicas complexas, para traballadores do sector naval.
  • 2 bootcamps sobre compras tecnolóxicas complexas
  • 1 hackathon sobre solucións de aforro tecnolóxico aplicadas ao envío
  • Consolidación da adopción das tecnoloxías 4.0 desenvolvidas durante a Manufacturing 4.0 nas pemes navais
  • Difusión do coñecemento tecnolóxico e das competencias STEM no sector naval entre o alumnado de grao superior, transmitindo unha imaxe do sector tecnóloxicamente avanzada que atrae novas vocacións.

O proxecto NAVIGANDO O FUTURO conta coa participación da Axencia Galega de Innovación e a Asociación Clúster Naval de Galicia (ACLUNAGA) pola parte española, e o Centro de Apoio Tecnolóxico á Industria Metalmecánica (CATIM) de Portugal.

O proxecto comezou o pasado mes de febreiro de 2023 cunha data de finalización prevista do 30 de xuño de 2023.