Expertos das empresas Nort3D, Xeométrica, Geomati_K Ingeniería, Global Geosystems e Topcon mostraron aos máis de 50 profesionais que se conectaron á xornada, o estado actual da tecnoloxía de dixitalización 3D (hardware e software), cómo se está utilizando, en qué campos estase a obter maior rendemento, e cáles son os retos destas técnicas, xa sexa con escaneado láser, luz estruturada, por medio de tomografía computerizada ou por contacto.

Esta xornada, que tivo lugar o pasado 21 de setembro en modo online,  organizado polo CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación , forma parte dun ciclo de encontros sobre tecnoloxías innovadoras que está desenvolvendo o centro co ánimo de acercar distintas tecnoloxías ás empresas e entidades innovadoras.