Desde  Axencia Galega de Innovación, compartimos a nominación dos proxectos  Manufactur4.0 e Design4Innovation ao  premio REGIOSTARS na categoría SMART EUROPE: Increasing the competitiveness of local businesses in a digital world, que concede la Dirección Xeral de  Política Rexional e Urbana da Comisión Europea.

Manufactur4.0, proxecto financiado por POCTEP,  liderado por CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia GAIN, e no que participan AIMEN, ACLUNAGA, CATIM, INESC-TEC, e ANI-Agência Nacional de Inovação ten por obxectivo principal desenvolver e implementar tecnoloxías intelixentes e innovadoras en sectores naval e metalmecánico.

Este proxecto, xa finalizado, acadou o reto de transferir 6 tecnoloxías avanzadas e de baixo custo aos sectores naval e metalmecánico a través da construcción de 7 demostradores. Para asegurar a transferencia real das tecnoloxías, contratáronse 10 pemes con fin de que colaboraran xunto cos centros tecnolóxicos no deseño, desenvolvemento e validación das solucións implementadas.

Design4Innovation, proxecto financiado por INTERREG EUROPE é un proxecto colaborativo que promove o deseño entendido como unha ferramenta de innovación centrada no usuario, á procura de axudar a pemes na creación de produtos e servizos máis rendibles e con mellor acollida no mercado. Neste proxecto, liderado por PDR, Cardiff Metropolitan University, e no que participa a Axencia GAIN a través do CIS Tecnoloxía e Deseño xunto con Investment and Development Agency of Latvia;Marshal’s Office of Silesia Region; Flanders Innovation & Entrepreneurship; KEPA – Business and Cultural Development Centre; Valletta Cultural Agency e Barcelona Design Centre,  mobilizáronse empresas e actividades por valor de 10 M€ fomentando a implementación de iniciativas tan destacadas como o lanzamento de Valletta Design Cluster, o esquema de Design Voucher en Letonia ou o Programa Diseño para a Innovación 2020 en Galicia, entre outros.

Ámbolos dous son proxectos que contribúen a mellorar a competitividade do tecido empresarial de Europa, polo que estes premios identifican e recoñecen as boas prácticas no desenvolvemento rexional mediante proxectos orixinais e innovadores que poidan servir de referente para outras rexións europeas.

Os proxectos nominados serán avaliados por un xurado anunciándose os finalistas a principios de setembro. A continuación, os finalistas serán invitados a presentar os seus proxectos durante a EUREgions Week que se celebrará do 11 ao 14 de outubro.

Os gañadores daránse a coñecer durante a ceremonia de entrega de premios, que este ano terá lugar o 2 de decembro en Dubrovnik. Sorte aos nosos candidatos!