Virtualización para producto helpflash

Simulacion virtual de procesos para o producto helpflash de netun solutions

A empresa viguesa Netun Solutions, start-up especializada en mellorar a seguridade vial agregándolles a todos os vehículos un novo dispositivo de sinalización de avarías na estrada, expoñía a necesidade de simular os perigos de saír do coche para colocar os triángulos de emerxencia, un elemento obrigatorio de seguridade no coche que, cando son necesarios, poucas veces se ven colocados de maneira correcta.

Asemade, pretendían darlle maior visibilidade comercial a un dos seus principais produtos en venda: Helpflash, luz que se coloca no coche para facelo máis perceptible para o resto de condutores.

Expostas ambas as cuestións, a través das ferramentas de Realidade Virtual representáronse diversos escenarios con diferentes condicións climatolóxicas etc. para visibilizar os distintos elementos de perigo no momento de saír do coche a colocar os triángulos, o que favoreceu que a empresa puidese incorporar melloras nos seus dispositivos.

Empresa:
Netun Solutions
Help_Flash_Logo
Helpflash 01
Helpflash 02
Helpflash 03