O CIS Tecnoloxía e Deseño pertencente á Axencia Galega de Innovación (GAIN) desenvolve unha actividade permanente de Vixilancia Tecnolóxica a través da cal implementa solucións de Vixilancia e Intelixencia Competitiva para facer fronte ós novos retos ós que se enfrontan as empresas na actualidade.

Ademais, o CIS Tecnoloxía e Deseño detectou unha crecente necesidade e interese en incrementar o coñecemento das empresas e entidades galegas sobre os distintos servizos e elementos que conforman a Vixilancia Tecnolóxica e a Intelixencia Competitiva, co obxectivo de incrementar a súa produtividade.

Por este motivo, o CIS Tecnoloxía e Deseño, organizará novamente en 2021 unha serie de 5 actividades formativas dirixidas especificamente a incrementar o coñecemento das empresas.

Este ciclo formativo constará das seguintes actividades:

Pílula “Como crear unha unidade de Vixilancia Tecnolóxica e non perderse no intento”

Data: 6 de maio de 2021

Taller “Vixilancia e Intelixencia no ámbito transformador: fabricación avanzada”

Data: 3 e 10 de xuño de 2021

Pílula sectorial “Vixilancia e Intelixencia no sector automoción”

Data: 7 de outubro de 2021

Pílula “Como saber se unha imaxe ou unha información é falsa?”

Data: 21 de outubro de 2021

Taller “A función da intelixencia na empresa”

Data: 4-11-18-25 de novembro de 2021

Programa_Galego