Continúan os workshops de validación dos demostradores de realidade virtual e aumentada que se están a desenvolver dentro do proxecto MAINGAP https://www.maingap.eu/

O pasado 29 de xuño o CIS TECNOLOXÍA ​​E DESEÑO recibiu a visita de persoal da empresa PRIORAUTO e profesores do CIFP Ferrolterra para probar e aportar a súa visión do simulador virtual de pintura en aerosol que se desenvolveu no marco do proxecto europeo MAINGAP.

SimCarpaint é un espazo de realidade virtual que ofrece un ambiente hiperrealista dunha cabina de pintura para pezas de vehículos. Desenvolveuse co obxectivo de mellorar e acelerar a aprendizaxe do proceso de pintura con spray. Tamén aforra consumibles, pintura, pezas, EPIs, ademais de reducir a subministración de enerxía.

O sistema utiliza lentes de realidade virtual HTC Vive e o seu controlador para conseguir esta inmersión. Pódense seleccionar diferentes tipos de pezas de automóbiles. Tamén é posible establecer os parámetros cos que pintar.

O simulador mostra como se ve a peza unha vez que avanza o pintado e ao final todo queda gravado coa idea de poder avaliar o traballo e mellorar así a formación e aprendizaxe deste proceso.

Este desenvolvemento está financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg Interreg V-A España – Portugal (POCTEP) 2014 – 2020.

Trátase dun proxecto no que participa CTAG (https://ctag.com/es/) como líder e outros dous socios portugueses, CEEIA (https://www.ceiia.com/) e UMinho (https:// www. uminho.pt/PT)