O día de hoxe realizáronse dous talleres do programa D´tec nas instalacións do CIS de Tecnoloxía e Deseño e tivemos a sorte de contar cos estudantes do CPR Plurilingüe Jesús Mestre de Ferrol para levalos a cabo.

Durante a xornada dividiuse ao alumnado en dous grupos para participar en ambos talleres de maneira alterna. Devanditos talleres foron o D´tec Market lab. Deseño de produto e o D´tec Instagram AR.

No primeiro os participantes simularon formar parte dun departamento de innovación e deseño de produto dunha tenda cosmética co fin de crear distintos produtos e, posteriormente, desenvolver a súa imaxe de marca.

No segundo, tiveron a oportunidade de usar a Realidade Aumentada coa aplicación Spark AR para aprender a desenvolver contidos aumentados en Instagram.

Desde o centro esperamos que lles gustase e que lles sirva para levar a cabo os seus proxectos nun futuro.