Na mañá de onte, o secretario xeral do Galician Offshore Energy Group ( GOE-Asime), Enrique Mallón celebrou nunha das salas dispoñibles das nosas instalacións, unha reunión con algúns dos seus asociados que tamén foi seguida en liña, para analizar os proxectos actuais e os retos futuros no campo da eólica mariña.

Non é a primeira vez que ASIME escolle as instalacións do CIS Tecnoloxía e Deseño para celebrar os seus eventos, entre eles, o HUB de Eólica Mariña que ten lugar unha vez ao ano.