A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar a convocatoria do programa EduTecEmprende 2020-21. Este programa ten por obxecto motivar e sensibilizar o alumnado de diferentes niveis educativos no espírito emprendedor a través do coñecemento da realidade empresarial e tecnolóxica da súa contorna, así como promover a súa achega ás áreas STEM. Con esta convocatoria, o alumnado dos  centros educativos que saian seleccionados terá a oportunidade de coñecer de primeira man os proxectos e as liñas de traballo actuais do CIS Tecnoloxía e Deseño, así como as tecnoloxías e equipamento cos que se veñen desenvolvendo as aplicacións .

As visitas realizaranse dende xaneiro ata xuño de 2021.

Enlace á convocatoria – http://www.edu.xunta.gal/fp/eduemprende-edutecemprende-2020-2021