O próximo día 24 de febreiro,  COFER, Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal,  organiza de forma virtual a 3º Xornada de Tecnoloxías Facilitadoras da Industria 4.0.  Durante esta xornada, que inaugurará Fernando Guldrís, Director Xeral do IGAPE, e a continuación da contextualización da Industria 4.0 que realizará Pablo López de Implicatum, técnicos do CIS Tecnoloxía e Deseño de GAIN abordarán a Realidade Virtual, Aumentada e o Control Dimensional como  Tecnoloxías 4.0 para a Industria Dixital.  Ademáis,  técnicos da Área de Servizos de GAIN exporán as axudas que a Axencia Galega de Innovación presenta no ano 2021.  A xornada será clausurada por Cristóbal Dobarro, presidente de COFER.

Este evento comezará ás 12:30 horas.

Máis información e inscricións no teléfono 981333322 ou vía email: cofer@cofernet.com

Tamén dispoñible na ligazón: https://cutt.ly/PkJN6EL