A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, acompañada polo concelleiro de Seguridade Cidadá, SPEIS e Facenda Román Romero e membros do equipo de seguridade cidadá visitaron hoxe as instalacións do centro tecnolóxico da Axencia Galega de Innovación. Durante a súa visita, interactuaron cunha serie de simuladores virtuais e de realidade aumentada desenvolvidos integramente no CIS Tecnoloxía e Deseño, tanto no showroom como na área de demostradores do centro.

Os membros do equipo do Concello de Narón tamén puideron coñecer outros ámbitos de actividade do centro, concretamente o programa Diferenza de Diseño para a Innovación e a Sustenabilidade 2024 e a Materioteca de Galicia. O CIS Tecnoloxía e Deseño continúa así coa súa actividade de difusión para dar a coñecer as capacidades do centro, achegalas ao Concello de Narón e establecer a posibilidade de futuras colaboracións.