O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado de directivos da empresa, visita o stand de IBERCISA, onde estivo presente o proxecto TWIN NAVAUX, coordinado polo CIS Tecnoloxía e Deseño, durante a presentación de NAVALIA, a feira internacional da industria naval que tivo lugar en Vigo do 21 ao 23 de maio.

O proxecto TWIN NAVAUX, centrado na promoción do xemelgo dixital na industria naval, está sendo desenvolvido, ademais da empresa Ibercisa, por Industrias Ferri, Electrorayma, ACLUNAGA, CATIM, Universidade Portucalense e Universidade da Coruña, e conta cunha orzamento de case 1,4 millóns de euros para un período de 30 meses ata finais de 2025 grazas ao cofinanciamento da Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal POCTEP 2021 – 2027.

Centrado no fomento do uso do Xemelgo Dixital na Industria Auxiliar Naval de Galicia e Norte de Portugal, pretende establecer a base tecnolóxica e as condicións de formación do persoal necesario para facilitar a implantación masiva de xemelgos dixitais de produtos, tanto no sector naval como. noutros sectores produtivos da eurorrexión.

Para máis información sobre o proxecto pódese consultar a páxina web: https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/es/proyecto-twin-navaux/