O pasado 7 de marzo o Instituto Tecnológico de Canarias, S.A. (ITC), membro de Enterprise Europe Network Canarias, e os nodos galegos do consorcio EEN-GalacteaPlus, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) participaron nunha reunión para mozos emprendedores no marco do programa Erasmus para Mozos Emprendedores (EYE), que ten como obxectivo ofrecer a emprendedores noveis e persoas que desexan crear unha empresa a oportunidade de aprender de empresarios experimentados que dirixen pequenas empresas noutros países participantes. O taller no que participou EEN-GalacteaPlus celebrouse en Santiago de Compostela, e está dedicado á cooperación e sinerxias entre os programas EYE e EEN.

Como continuación a esta reunión celebrouse un staff exchange entre membros da Confederación de Empresarios de Galicia, EEN Canarias, Instituto Tecnolóxico de Canarias e da Axencia Galega de Innovación para reforzar a cooperación e coñecer en profundidade as actividades que desenvolve a Enterprise Europe Network en Galicia e Canarias, ITC, CEG e GAIN, polo que se realizará unha visita de intercambio de boas prácticas, experiencias e oportunidades de colaboración o día 9 de marzo de 2023, nas instalacións da CEG en Santiago de Compostela.

Durante a mesma realizáronse as seguintes actividades:
1. Presentacións breves das tres institucións (ITC, CEG e GAIN)
2. Presentacións dos consorcios EEN (EEN-Canarias e EEN-GalacteaPlus)
3. Intercambio de coñecementos e discusión sobre como os participantes realizan as actividades de EEN (metodoloxía de traballo, actividades realizadas, que funciona/que non funciona, percorrido do cliente, eventos de intermediación, …)
4. Sinerxias e complementariedade entre Erasmus para Mozos Emprendedores e EEN.
5. Identificación de posibles áreas/temas de cooperación nos que as organizacións poderían colaborar.