Organiza: CIS Tecnoloxía e Deseño – Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Data: 06/05/ 2021
Horario: de 09:15 a 11:30h
Modalidade: En liña
N.º de prazas:50
Prazo de inscrición:29/04/2021
Custe: Gratuito

Coñeces o que é a Vixilancia Tecnolóxica? Sabes para que serve? Estás motivado para chegar até o final?
Estás disposto a darlle os recursos que necesita? E a promocionala e dala a coñecer?
Esta pílula será a primeira de cinco accións adicadas á Vixilancia Tecnolóxica que o CIS Tecnoloxía e Deseño organizará no 2021 no marco da súa experiencia en actividades e proxectos relacionados coa xestión e implantación de Vixilancia Tecnolóxica en empresas e entidades de Galicia.
Durante esta xornada a experta LARA REY, Market Intelligence Analyst en el Grupo FerroGlobe, abordará, entre outras cuestións, como crear unha unidade, departamento ou servizo de Vixilancia Tecnolóxica analizando os principais retos e aportando solucións para levar a cabo esta tarefa con éxito.

9:15 – 9:30h
Presentación

María José Mariño Fontenla
Directora de Área de Centros de GAIN

9:30 – 11:00h
Como crear unha unidade, departamento ou servizo
de Vixilancia Tecnolóxica

De que falaremos:
‐ Tipo de vixilancia: É o mesmo vixiar a cociña que vixiar a túa contorna empresarial?
‐ Fontes de información que podo e debo ter en conta.
‐ Organización dos armarios e caixóns de información: Por onde empezamos?
‐ Analicemos que información temos e que queremos facer con ela.
‐ Sabemos como preparar esa información para que teña valor?
‐ Rumbos na análise. Perdas de “visión global” ou “visión cubista” Vemos todo o alcance?
‐ Información interna. O muro da Intelixencia Competitiva. Non che dou isto porque é meu.
‐ Darlle valor engadido. Mellorando o cociñado. Como transformar a información para incrementar a súa utilidade e valor.
‐ Feedback. Recompilando a opinión dos comensais. Gústalles? Hai críticas? Opinións?
‐ Mellora continua….sempre! Pechar o ciclo e a mellorar a receita!

11:00 – 11:30h
Reflexións e discusión

Enlace o programa.
Inscrición