O 26 de xaneiro vinte  alumnos de 1º bacharelato do IES As Telleiras de Narón acompañados por docentes do centro, participaron na  primeira visita tecnolóxica ao centro neste ano 2024.

Durante a visita, que comenzou cunha breve presentación do CIS Tecnoloxía e Deseño, o alumando puido visitar a  Materioteca de Galicia, contando cunha explicación dos responsables acerca das súas funcionalidades. A continuación, e tras repartirse en dous grupos,  visitaron o showroom e a sala de demostradores.

Durante a visita ao showroom  o alumnado experimentou en primeira persoa con distintos dispositivos de realidade virtual (HTC Vive, Oculus Rift, Google Cardboard, etc.); e de realidade aumentada con dispositivos móbiles orientada a mantemento de equipos industriais e marketing. Na visita aos demostradores os rapaces visitaron o Centro de Experiencias Dixitais do CESENA, Centro de Excelencia do Sector Naval de Siemens. Este espazo conta con diferentes equipos de realidade virtual a través dos cales pódese comprobar de forma inmersiva o deseño dun buque, a simulación da súa construción ou a formación de operarios en diferentes tarefas de fabricación ou mantemento de buques. Tamén contaron coa oportunidade de probar de forma virtual o proceso de pintura e vernizado con pistola desenvolvido polo CIS Tecnoloxía e Deseño no marco dun proxecto europeo.

Esperamos que esta visita resultara interesante para os alumnos de Narón que inauguraron o ciclo de visitas tecnolóxicas que o CIS Tecnoloxía e Deseño ofrece dende hai tres anos como unha forma máis de acercar a innovación á xuventude.