A Materioteca de Galicia celebra o seu primeiro workshop de 2021 cos materiais orgánicos non vexetais como protagonistas. O 20 de maio cinco expertos presentarán as principales tendencias neste tipo de materiais durante o evento online organizado pola Xunta de Galicia, a través de la Axencia Galega de innovación (GAIN).

Baixo o título “Materiais orgánicos non vexetais”, presentaranse as aplicacións e oportunidades de futuro ligadas a este tipo de materiais, moi apreciados polas súas cualidades de textura superficial e protección contra a humidade e as variacións térmicas. O evento terá unha duración de dúas horas.  Contará cos promotores das iniciativas Workshop Contract e Material Hub Innovation, así como con representantes dos centros tecnolóxicos CTAG, CETIM e ANFACO-CECOPESCA, que presentarán proxectos nos que estes materiais toman protagonismo como recursos de interese para a industria do automóbil, a obtención de biopolímeros a partir da lactosa e a revalorización de residuos da pesca, respectivamente.