DATAS: 5 de febreiro | 4 de marzo | 17 de xuño de 2024.
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.

NIVEL EDUCATIVO: 5º-6º Educación Primaria.

Para cada xornada de talleres organízanse dúas actividades de maneira que os centros escolares participen, se así o desexan, nas dúas propostas. Os estudiantes asistirán ás dúas alternando as sesións.

PRAZAS POR TALLER: Máximo 30 (en total 60 estudantes por xornada).

HORARIOS:
Primeiro taller de 10.00 h a 11.30 h.
Segundo taller de 12.00 h a 13.30 h.

TALLER D’tec TECNOLAB

No taller o alumnado descubrirá as posibilidades da programación de forma lúdica e divertida mentres construímos distintos sistemas partindo das placas programables Microbit, vendo as implicacións prácticas da programación de placas electrónicas e a súa importancia na nosa vida cotiá. Entre outras actividades recolleremos datos con sensores, controlaremos luces e transmitiremos sinais inalámbricos. Para finalizar a actividade, enfrontarémonos a un reto: Construír un sistema de alarma que resista a intrusión dos docentes.

Contidos do taller:

  • Que é a electrónica? Importancia na sociedade actual e aplicacións. Explicaranse de forma sinxela as bases dos dispositivos electrónicos e os campos nos que se utilizan na actualidade.
  • Placas programables educativas. Nos últimos anos desenvolvéronse diversas placas moi versátiles e interesantes para o seu uso con estudantes tanto de primaria como de secundaria. Presentaranse as características destes dispositivos e que nos permiten facer (Microbit | Playground Express | Calliope Mini)
  • Descubrindo Microbit. Na actividade utilizarase a placa Microbit. Como iniciación, o alumnado levará a cabo un conxunto de proxectos de programación básicos de forma guiada.
    • Ola Mundo. Programación dun saúdo na placa.
    • Dado electrónico. Creación dun dado dixital que xere un número aleatorio ao axitalo.
    • Lovemeter. Programa que mide de forma ficticia a afinidade utilizando portos capacitivos.
    • Microchat. Utilizando o sistema bluetooth que incorporan as placas, aprenderemos a mandar mensaxes dun grupo a outro.
    • Uso de pines en Microbit. A placa conta con conectores que permiten o control de dispositivos externos como servomotores ou luces led.
  • Circuítos eléctricos. Como funcionan. Utilizando un xerador eléctrico de man, e a través de xogos, explicarase aos estudantes as bases que rexen o funcionamento dos circuítos eléctricos.
    • Acendido dun led externo. Os estudantes programarán as placas para que ao pulsar un botón se acenda un led.
    • Creación dun sistema de iluminación automático. Para finalizar coa formación, o alumnado deberá programar un sistema que se acenda automaticamente con condicións de pouca luz tal como fan as luces dos farois das nosas cidades.
  • Reto final. Os alumnos e alumnas deberán crear un sistema de alarma para unha caixa que non permita nin desprazala nin abrila. Os docentes asistentes e os formadores serán o xurado que determinará a eficiencia de cada dispositivo.
  • Conclusión. Para finalizar, valorarase co alumnado a actividade e convidaráselle a reflexionar sobre a importancia da innovación e a tecnoloxía.

 

TALLER D’tec A química e a cosmética

Este taller é unha introdución práctica ao campo da química e o desenvolvemento de materiais e compostos. Na primeira parte da actividade o contido céntrase en ofrecer aos participantes unha aproximación comprensible á estrutura da materia e a química a través de diferentes experiencias sorprendentes. Na segunda parte, penetrarase nas súas aplicacións, creando bombas de baño e outros cosméticos utilizando diferentes fórmulas.

Contidos do taller:

Descubrindo a química. Explicaranse de forma amena e experimental as principais características da materia e a súa estrutura interna.

    • Os átomos. Os átomos son a unidade fundamental da materia.. Todo o que existe está formado pola combinación dos elementos da táboa periódica.
    • Estados da materia e cambios de estado. Os átomos poden ordenarse de moitas formas diferentes.
      • Os gases. Tipos de gases e densidades. Non todos os gases son iguais, e os átomos que os forman determinan o seu comportamento.
        • Gases lixeiros. Demostracións con Helio permitirannos comprobar a súa lixeireza e estabilidade.
        • Gases pesados. Utilizando bicarbonato e vinagre, xerarase dióxido de carbono, co que apagaremos velas de forma case máxica.
        • Os gases son invisibles. Non ver os gases fai complexo comprender o seu comportamento. Utilizando un bazooka de aire e unha máquina de fume levaranse a cabo experimentos sorprendentes.
      • Os líquidos e as súas propiedades (pH e densidade). Os líquidos teñen propiedades que difiren duns a outros. Repasaranse as súas propiedades e presentaranse aos alumnos magnitudes como o pH ou a densidade.
        • Mesturas. Demostracións con fluoresceína darán pé a explicacións sobre as mesturas e as súas propiedades.
        • Concepto de pH. Esta característica dos líquidos é fundamental no seu comportamento. O alumnado determinará distintos pH e descubrirá como modificalo mediante reaccións químicas.
        • Densidade. Cada grupo de alumnos creará unha columna de densidades, clasificando materiais pola súa densidade.
      • Sólidos. Propiedades físico químicas. Os sólidos presentan os átomos cunha estrutura máis “ordenada”. Explicaranse as súas principais características estruturais e levaranse a cabo demostracións sobre elas.
    • Reaccións químicas e conservación da materia. Esta parte do taller céntrase en presentar de forma comprensible para os estudantes o concepto de reacción química. Para iso, desenvolveránse demostracións con reactivos como a nitrocelulosa (que presentan propiedades aparentemente máxicas).
    • A cosmética, unha aplicación da química. Para finalizar a actividade, os participantes desenvolverán cosméticos, descubrindo a importancia da química en cousas tan cotiás como as bombas de baño.
    • Reflexión final. Finalizarase a actividade facendo un breve resumo do aprendido e lembrando ao alumnado a importancia da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.

 
Formulario de inscrición