O pasado xoves 13 de maio pechou o prazo de presentación de candidaturas á primeira edición do Certame de Materiais Innovadores de Galicia. En total recibíronse nas instalacións da Materioteca de Galicia, situadas no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol , un total de 76 propostas de materiais para participar. Iniciáse a fase de valoración de candidaturas coa axuda de xurados expertos e nuns meses daráse a coñecer os gañadores e finalistas.