Hoxe recibimos aos socios do proxecto #Picobello, no que a Axencia Galega de Innovación participa en representación da Xunta de Galicia.
Picobello (Pilotinng Collaborative ways to Better Living Locally) busca integrar os principios da New European Bauhaus (#NEB) nos instrumentos de política existentes para aproveitar e promover o pensamento a longo prazo, o ciclo de vida e o pensamento integrado nos ecosistemas industriais.
O proxecto, que conta cun orzamento de 1,7 M€ cofinanciado por #interregeurope, segue a estela do Design4Innovation, que, do mesmo xeito que o Picobello, quere aproveitar a capacidade do deseño para mellorar as políticas públicas.
No caso de Galicia, o obxectivo é optimizar o Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – #DIFERENZA, a aposta da Xunta polo deseño como ferramenta de transformación económica e social, que combina os obxectivos de innovación para a competitividade empresarial coa innovación responsable e social para contribuír á sostibilidade e ao benestar das persoas.
Grazas aos socios do proxecto por desprazarse a Galicia dende Barcelona, Polonia, Finlandia, Letonia, Grecia e Francia para poñer as bases do traballo que se desenvolverá ata xullo de 2028.
Durante esta visita de dous días, as persoas participantes están a ter a ocasión de compartir boas prácticas, realizar un workshop de codeseño e coñecer tres fundacións aliñadas cos propósitos da NEB: Juana de Vega, Gabeiras e Roberto Rivas; ademais do traballo que está a realizar o Sergas en materia de accións para a inclusión no marco da NEB.
Máis información sobre o proxecto en: https://www.interregeurope.eu/picobello