Nesta semana o CIS Tecnoloxía e Deseño recibiu dúas visitas de dous centros educativos de Ferrolterra co obxectivo de aprender cos talleres ofrecidos e impartidos nestas instalacións.

Os 30 alumnos CPR AYALA de Narón e os máis de 50 por parte do IES Castro da Uz de As Pontes viñeron os días 8 e 9 de abril respectivamente, para así comezar a semana aprendendo sobre a telemetría e o deseño dunha maneira práctica grazas ao taller “D’tec En caída. Tecnolab”. Este taller consistía principalmente en tentar superar dous retos relacionados entre si: por unha banda, lograr deseñar un sistema de descenso para un piloto de probas (un ovo), e doutra banda, programar un sistema que permitise obter datos mediante telemetría, monitorizando diferentes parámetros do descenso.

Ademais no taller “Cosendo o futuro”, os estudantes tiveron a oportunidade de aprender como día a día estamos rodeados de materiais que son innovadores, os cales están cada vez máis integrados na nosa rutina diaria, e os tecidos non son a excepción a esta revolución. Durante o taller impartíuselles formación básica en programación e a continuación pasaron á fase de deseño, creando pezas ou accesorios que se integraban nun placa electrónica programable que reacciona a diversos estímulos programados (cambios de intensidade lumínica, movemento, son…).

Desde o CIS Tecnoloxía e Deseño esperamos que estes talleres representen unha forma lúdica de aprender novas tecnoloxías e que os estudantes poidan incorporar dunha forma nova.