Ferrol, 2 Outubro 2020

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio da concesión demanial a favor de  Siemens  Industry Software S.L para establecer o seu Centro de Excelencia do Sector Naval  en Galicia (CESENA) nas instalacións do CIS.  CESENA como provedor de solucións tanto para Navantia como para todo o sector naval, impulsará a transformación dixital fomentando a colaboración entre os distintos axentes do sector. Neste sentido, o CIS nos seus 25 anos de andaina promoveu e desenvolveu accións no ámbito das novas tecnoloxías e o I+D+i  e conta con experiencia no desenvolvemento de diferentes proxectos para o sector naval