DATAS: 22 novembro | 14 decembro | 16 decembro 2021.
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol
Duración: 90 minutos.
Horarios: 10:00 – 11:30 | 12:00 – 13:30 horas.

Dirixido a: 1º –  4º ESO.
Límite de prazas: 30 estudantes.

Cada vez atopamos máis integrados no noso día a día contidos desenvolvidos en Realidade Aumentada (AR) e Virtual (VR). A finalidade deste taller é que o alumnado participante pase de ser usuario a creador, coñecendo de primeira man as bases técnicas de ambas tecnoloxías.

    • Que son a AR e a VR? Breve introdución sobre ambas tecnoloxías e as súas achegas.
    • Algúns exemplos prácticos. Probaremos distintas aplicacións e veremos as posibilidades que nos ofrecen para ámbitos tan distintos como a educación ou as tatuaxes.
    • Imaxe e vídeo 360. Cun teléfono ou un tablet xa estamos en condicións de tomar fotografías esféricas. Durante esta actividade, tomaremos algunhas imaxes para utilizalas posteriormente nunha contorna de Realidade Virtual.
    • Aumentando a realidade. Utilizando Metaverse, imos a crear pequenas aplicación que nos permitan facer as nosas primeiras creacións de Realidade Aumentada e analizar a súa utilidade.
    • Iniciación á creación de contidos de AR e VR con Cospaces. Partindo de imaxes recollidas na actividade anterior, achegarémonos ao desenvolvemento de contidos AR e VR utilizando a contorna Cospaces.
    • O meu primeiro proxecto Aumentado. Para finalizar a actividade, o alumnado terá que crear un contido seguindo as normas marcadas nun reto grupal.