Alumnos de secundaria e bacharelato dos centros IES Xesús Taboada Chivite  de Verín, IES Cabo Ortegal de Cariño  e IES As Mariñas de Betanzos, participaron os días 6 e 7 de maio nos talleres D´tec nas instalacións do CIS Tecnoloxía e Deseño.

Los más de 100 alumnos de los tres centros formativos gallegos participaron en ambos os dous talleres de forma alternativa. No taller denominado “En caída. Tecnolab”, os alumnos abordaron a telemetría e o deseño de forma experimental cunha dobre misión: por unha banda, deseñar un sistema de descenso para un piloto de probas (un ovo) e por outro, programaron un sistema que lles permitise recoller datos a través de telemetría, monitorizando diferentes parámetros do descenso.

No taller chamado “Cosendo o futuro, os e-téxtiles”, os estudantes puideron aprender como hoxe en día estamos rodeados de materiais innovadores, que están cada vez máis integrados na nosa vida cotiá. E os tecidos non escapan a esta revolución. Durante o taller recibiron unha formación básica en programación e logo pasaron á fase de deseño, creando unha peza ou accesorio que se integraba nunha placa electrónica programable que reacciona aos estímulos programados (cambios de intensidade lumínica, ruído, movemento… )

Desde o CIS Tecnoloxía e Deseño queremos agradecer a presenza do alumnado e dos docentes, e esperamos que estas actividades representen unha forma amena e divertida de aprender novas tecnoloxías, para que os estudantes poidan incorporar esta aprendizaxe na súa vida diaria dunha forma innovadora.