Os pasados días 18 e 19 de xuño, alumnado dos centros IES de Mugardos, IES Ortegal de Cariño e IES Canido de Ferrol participaron nos dous últimos espectáculos científicos da temporada 23/24

O alumnado participou nun reto grupal e asistiu como público a un espectáculo que propoñía un percorrido pola innovación desde os seus inicios ata a actualidade, poñendo en valor a súa importancia ao longo da historia para o avance da sociedade. Durante a actividade, rememoraronse momentos clave da evolución científico-tecnolóxica, recreando experimentalmente as achegas e analizando a súa importancia.

Estas dúas actividades están enmarcadas  no programa D’tec lanzado en setembro de 2019; un programa da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación e do CIS Tecnoloxía e Deseño, para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas dirixido a estudantes de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional.

No marco desta iniciativa organízáronse diferentes actividades no CIS Tecnoloxía e Deseño para poñer en valor a importancia da innovación, a ciencia e a tecnoloxía como unha das claves para o desenvolvemento de Galicia. Entre as actividades principais contempláronse espectáculos, talleres, proxectos escolares para as aulas e campamentos.

Neste ano 2024, realizáronse 47 actividades do programa D’tec cun total de 1070 estudantes de Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, de 28 centros educativos de toda Galicia.