O día 5 de abril, viñeron visitar as instalacións do CIS Tecnoloxía e Deseño o alumnado do curso de Programación con linguaxes orientadas a obxectos e bases de datos relacionaias do Centro de Formación Ocupacional de Ferrol .

No transcurso da visita, os máis de dez alumnos acompañados pola súa docente, estiveron a interactuar coas múltiples ferramentas de realidade aumentada e virtual que ofrece o centro, tamén aprenderon e coñeceron o desenvolvemento dos demostradores que foron realizados no centro baixo o paraugas de proxectos, tanto europeos como de colaboración con empresas.

O equipo do centro espera que disfrutaran e aprenderan desta actividade que se encadra no programa de fomento de vocacións científico-tecnolóxicas e que lles poida servir para proxectos futuros.