O CIS de Tecnoloxía e Deseño tivo a sorte de contar o día de onte con 31 xóvenes estudantes de 3º de Educación Primaria do Colexio Compañía de María de Ferrol. O alumnado asistiu ao centro para realizar unha visita guiada polas súas instalacións e a ver de primeira man as tecnoloxías que alí se poden atopar.

En primeiro lugar, os estudantes e profesores do colexio recibiron unha breve explicación sobre cómo funcionan a realidade virtual e a realidade aumentada. Ademáis, puideron interactuar con diferentes programas como son o simulador de pintura e vernizado ou o compresor de aire, entre outros.

O equipo do centro espera que a visita lles resultase  entretida e que esta pequena interacción lles leve, nun futuro, a motivalos a seguir aprendendo sobre tecnoloxía.