O CIS Tecnoloxía e Deseño celebrou o 18 de xullo nas súas instalacións de Ferrol o último dos workshops planificados no proxecto MAINGAP.

O obxectivo desta sesión de traballo era que o persoal de PORTOMOTOR puidese validar o “Sistema de realidade aumentada para asistencia en operacións de montaxe, mantemento e reparación dun sistema de freos dun camión”. Esta aplicación emprega unhas lentes Microsoft Hololens 2 para guiar ao usuario nos pasos que debe relizar para facer por exemplo o cambio do disco de freo dun camión.

Para o desenvolvemento destas aplicacións o CIS Tecnoloxía e Deseño contou co apoio da empresa Xoia Estendede Reality xa que a día de hoxe dispón dunha plataforma tipo Saas (Software as a Service) que permite axilizar o desenvolvemento das aplicacións de realidade aumentada.

Estes desenvolvementos realizáronse no marco do proxecto MAINGAP (https://www.maingap.eu/), proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-AS España – Portugal (POCTEP) 2014 – 2020.