
- Este evento pasou.
VI Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia
29/06/2023 10:00h. - 14:30h.

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza o vindeiro 29 de xuño a sexta edición do Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia.
O evento, co que a Xunta de Galicia conmemora o Día Mundial do Deseño Industrial, celebrarase no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol), no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.
A cita está aberta a profesionais do deseño de todas as áreas de especialización (gráfico, estratéxico, de espazos, dixital, de moda e industrial e de produto), estudantes e representantes de empresas e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación, competitividade e sostibilidade nas súas organizacións.
Nesta edición ponse o foco no deseño como ferramenta para xerar impacto. As persoas asistentes terán ocasión de coñecer de primeira man as experiencias de empresas e entidades galegas en relación ao deseño con propósito e a medición do seu impacto na estratexia empresarial; o deseño como medio para unha innovación inclusiva e para o emprendemento social; e o deseño ao servizo do desenvolvemento sostible.
As intervencións estruturaranse en tres bloques:
- Deseño e impacto económico.
- Deseño e impacto social.
- Deseño e impacto para o desenvolvemento sostible.
Enlaces: