Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada “Xerando simulacións virtuais en WebXR”

27/06/2023 9:30h. - 11:30h.

“O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación organiza o vindeiro martes 27 de xunio o terceiro Encontro de Tecnoloxías Innovadoras 2023.

WebXR Device API é unha interface de programación de aplicacións que permite o acceso e a interacción desde dispositivos de realidade aumentada e realidade virtual, á vez que permite tamén o funcionamento das aplicacións en computadores e dispositivos móbiles, todo iso desde un navegador web.

A API do dispositivo WebXR está a ser definida, entre outros, polos grupos W3C, que se encargan de propoñer os estándares que dean lugar a unha web universalmente accesible e fiable.

Converterase a webXR no estándar das tecnoloxías simulación virtual? Será o medio no que traballar no Metaverso interconectado e universal que todos desexamos?

Desde logo, para quen desenvolve aplicacións, non ter que deseñar unha aplicación distinta para cada dispositivo convértese nun aforro de tempo e por tanto de custos moi importante.

Actualmente existen varios modos de xerar aplicacións en webXR, entre eles babylon.js, A-Frame e Unity, e nesta xornada entraremos en contacto con estas tres tecnoloxías da man de Pablo Fernández, Responsable de Tecnoloxías Inmersivas do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), de Horácio Tome-Marques, Director da Unidade de Investigación da Escola Superior de Media, Artes e Design (ESMAD) e de Diego González, Técnico superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, respectivamente.”

Esta xornada enmárcase dentro das actividades da rede Enterprise Europe Network.

Programa

Inscrición

Detalles

Data:
27/06/2023
Hora:
9:30h. - 11:30h.

Próximos eventos

Eventos anteriores