
- Este evento pasou.
Sesión formativa on-line pre-bootcamp (PORTUGAL)
06/09/2023 10:00h. - 13:00h.

Navegando o Futuro é un proxecto europeo que busca consolidar a transición tecnolóxica e promover a innovación no sector naval da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Para alcanzar esta meta, estánse a realizar diferentes accións, entre elas sesións de formación e bootcamps destinados a facilitar a toma de decisións para a adquisición de tecnoloxías complexas en pemes da industria naval.
Os bootcamps teñen como obxectivo mellorar os procesos empresariais antes de dixitalizalos (evitar a automatización de desperdicios), elixir a tecnoloxía adecuada de acordo ás súas necesidades e controlar a xestión do cambio para beneficiarse plenamente da tecnoloxía.
Como actividade previa ao bootcamp do día 13, realizarase unha sesión formativa para preparar aos participantes a través da introdución dos conceptos que se poñerán en práctica posteriormente, para obter unha maior produtividade e resultados óptimos.
Máis información e inscricións: aclunaga@aclunaga.es