
- Este evento pasou.
Workshop “Transformación de materiais para a economía circular”. Ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”
16/06/2022 10:00h. - 14:00h.

A Materioteca de Galiciacelebra o segundo workshop do ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”,unha nova cita en formato híbridopara explorar as oportunidades de innovación que representan os novosmateriais en relación con procesos que aumentan a vida útil dos produtose reducen o impacto ambiental a través da recuperación, a reutilización, a reciclaxe e o ecodeseño.
O workshop,organizado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación,terá lugar o 16 de xuñono CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) coa transformación de materiais para a economía circular como tema central.
As persoas que asistan poderáncoñecerde primeiramanprocesos de transformación dos materiaisatendendo a dúas vertentes: o rescate de materias primas procedentes de materiaisrefugadose a optimización do uso de materias primas escasas e do consumo de enerxía necesaria para producir novosmateriais de forma máissustentable.
Durante a primeira parte do workshop, que será retransmitida online, representantes da empresaLavelleEurope e da Asociación de Recicladores de Construción e Demolición presentarán casos prácticos relativos a este tipo de procesos marcados pola sustentabilidade.
A continuación, terá lugar un taller práctico de carácter presencial a cargo de Materiallyno que tamén será presentado unestudoestratéxicosobre exemplos de materiais a nivel internacional cuxasustentabilidade e adaptación aos criterios da economía circular foimellorada a través dos procesos de transformación.
Este evento está especialmente dirixido aprofesionais do deseño, da enxeñería e da construción con interese pola aplicación de novosmateriais en procesos innovadores.
- Programa do workshop(pdf).
- Formulario de inscrición para asistencia presencial ao workshop completo (prazas limitadas).
- Formulario de inscrición para conexión vía streaming á parte expositiva do workshop.