Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada – Intelixencia Artificial e Big Data: un enfoque divulgativo

30/05/2022 10:30h. - 11:30h.

Actualmente todas as empresas xeran enormes cantidades de datos mentres desenvolven as súas tarefas cotiás, xa sexan un gran estaleiro ou unha pequena tenda, un hospital ou un concesionario de automóbiles.

Non cabe dúbida que os datos son “o novo petróleo”. Están a converterse en peza crave da economía e extraer información valiosa deses datos supón unha vantaxe competitiva que xa se recoñece como un valor indiscutible.

Non importa o sector ao que se dedique a nosa empresa, todas terminarán recorrendo a estas tecnoloxías para, por exemplo, a identificación de novas oportunidades, deseñar operacións máis eficientes ou conseguir melloras na experiencia dos nosos clientes.

Para a xestión desta información as empresas han de recorrer a dúas ferramentas fundamentais: o Big Data e a Intelixencia Artificial. Unha delas utiliza a aprendizaxe continua para a toma de decisións e a outra axiliza o procesamento dos datos.

Pero habemos de ter en conta que a tecnoloxía debe ir acompañada de estratexias claras e de persoal capacitado. De feito, no último ano, as profesións especializadas en Intelixencia Artificial e Big Data sitúanse entre as profesións dixitais máis demandadas.

Vemos por tanto dous ámbitos de intres nesta temática: as empresas, que as necesitan para mellorar e competir, e os profesionais que poden atopar nelas unha saída laboral de indiscutible presente e futuro.

Programa

Inscrición

 

Detalles

Data:
30/05/2022
Hora:
10:30h. - 11:30h.
Categoría do Evento:

Próximos eventos

Eventos anteriores