O CIS Tecnoloxía e Deseño organiza un novo campamento científico – tecnolóxico para estudantes de secundaria centrado na innovación, a ciencia e o deseño.

O campamento celebrarase do 26 ao 29 de decembro de 2023, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os participantes, agrupados por niveis de idade, realizarán un amplo abanico de actividades, que incluirán programación, iniciación no uso de Intelixencia Artificial xenerativa e construción de diversos dispositivos. Disfrutarán de actividades prácticas que lles permitirán aumentar as súas destrezas e coñecementos científico-tecnolóxicos.

Durante as catro xornadas, un equipo de docentes expertos en educación CTIM (Ciencia Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) acompañará aos alumnos e a alumnas, adaptando os contidos aos coñecementos previos dos participantes e fomentando neles o interese pola Ciencia e a Tecnoloxía.

O campamento é gratuíto, e conta cunha oferta de corenta prazas, que se asignarán por orde de inscrición.

Actividades

  • Retos STEAM: Actividade centrada na resolución cooperativa dun problema, que se presenta no momento de inicio da actividade.
  • Programado con Microbit. Levarán a cabo diferentes actividades que permitirán iniciar aos participantes na programación.
  • Árbore de Nadal científico. Deseño e construción de estruturas en equilibrio de temática ligada ao Nadal.
  • Robótica con Mbot. Actividade centrada na programación de robots. Realizaranse actividades, que incluirán diversos retos de programación.
  • Construción de autómatas. Deseño e creación de autómatas básicos utilizando materiais reciclados.
  • Creación de postais do Nadal con luz. Iniciación á electricidade coa creación de postais con luz led.
  • Programación de xogos en Scratch. Iniciación á programación con bloques de xogos na contorna Scratch.
  • Construción de scribbling machines. Deseño e construción de máquinas garabateadoras que deberán ter unhas especificacións establecidas polos docentes.
  • Stop motion. Creación dun vídeo do Nadal utilizando técnicas de Stop Motion.
  • Iniciación a App Inventor. Programación dunha aplicación básica para dispositivos Android mediante bloques.
  • Química recreativa. Iniciación á química e creación de agasallos de Nadal “científicos”. Creación de chaveiros con plásticos termomoldeables e fabricación de bombas de baño.
  • Cine científico. Durante a última xornada, os participantes gozarán dunha sesión de cine na que tras o visionado dunha película asistirán a un show sobre os contidos da mesma.

Data límite de inscrición: 21 de decembro de 2023.

PROGRAMA PREVISTO

GRUPO A – 1º e 2º ESO

HORARIO

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

10:00 – 10:50

Presentación

+

Reto STEAM

Construción dun autómata

Iniciación a electricidade

Postal con luz.

Reto STEAM

10:50 – 11:40

Programación con Microbit

Deseñando con intelixencia.

Iniciación ao uso da IA para o deseño

Química recreativa

11:40 – 12:10

DESCANSO

CINE CIENTÍFICO

+

ENTREGA DIPLOMAS

12:10 – 13:00

Árbore de Nadal científico

(Estruturas en equilibrio)

Xogo interactivo con Scratch I

Xogo interactivo con Scratch II

13:00 – 14:00

Reto mbot

Stop Motion de Nadal

Construción de scribbling machines

GRUPO B – 3º e 4º ESO

HORARIO

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

10:00 – 10:50

Presentación

+

Reto STEAM

Stop Motion de Nadal

Deseñando con intelixencia. Iniciación ao uso da IA para o deseño

Química recreativa

10:50 – 11:40

Árbore de Nadal científico

(Estruturas en equilibrio)

Construción de scribbling machines

Construción de scribbling machines

Reto STEAM

11:40 – 12:10

DESCANSO

CINE CIENTÍFICO

+

ENTREGA DIPLOMAS

12:10 – 13:00

Programación de aplicacións con App inventor

Construción dun autómata

Programación de aplicacións con App inventor

13:00 – 14:00

Reto mbot

Iniciación á electricidade

Postal con luz