A Vixilancia Tecnolóxica defínese segundo a Norma UNE 166000:2006 como un “Proceso organizado, selectivo e sistemático, para captar información do exterior e da propia organización sobre ciencia e tecnoloxía, seleccionala, analizala, difundila e comunicala, para convertela en coñecemento co fin de tomar decisións con menor risco e poder anticiparse ós cambios”.
A día de hoxe adoptouse de forma xeneralizada o termo de Vixilancia Tecnolóxica para referirse ós servizos que proporcionan ou dan acceso a información estratéxica dentro dunha organización e que abarca todos os ámbitos de interese para a mesma:
- Vixilancia da Contorna: Identificación, valoración e uso da información sobre lexislación, aspectos ambientais e socioculturais.
- Vixilancia Comercial: Identificación, valoración e anticipación de necesidades de consumo, estilo de vida e tendencias de demandas socioculturais.
- Vixilancia Competitiva: Valoración de competidores e identificación e valoración de produtos e servizos en desenvolvemento ou dispoñibles no mercado.
- Vixilancia Tecnolóxica: Identificación e avaliación de tecnoloxías emerxentes, oportunidades e ameazas.
O CIS Tecnoloxía e Deseño conta cunha dilatada experiencia e coñecemento na prestación de servizos de Vixilancia Tecnolóxica (VT) e Intelixencia Competitiva (IC) que ofrece desde o ano 1999 a todo tipo de organizacións e empresas mediante a asesoría ou a elaboración puntual de informes ou outros produtos documentais.
- Boletíns electrónicos: envío a través de mail con titulares de interese para o usuario, atendendo a un diagnóstico previo:actualidade empresarial, tecnoloxías, lexislación, normas, axudas, mercados. Periodicidade de envío semanal ou quincenal.
- Informes de VT: son documentos que reflicten a estado da arte dunha tecnoloxía ou produto no momento da súa elaboración ou desde un período de tempo decidido de antemán.
- Peticións puntuais de información: permite aos usuarios solicitar datos concretos que necesiten en determinados momentos, como listados de provedores, localización de empresas ou referencias das mesmas.
Por medio destes servizos de Información Estratéxica contribuímos a solucionar parte das limitacións que presentan as empresas no acceso a información necesaria e útil para a súa contorna de actividade e xestión.
Outra das accións dentro da Unidade de VT é a organización de accións de difusión e formación, respondendo ó noso interese en ser prescriptores, sobre todo entre o tecido empresarial, da importancia da información tecnolóxica, científica e da contorna, así como a aplicación na xestión empresarial, tentando achegar e mostrar unha visión práctica da VT. Mediante estes eventos axudamos ás empresas a dar os pasos necesarios para o deseño e a posta en marcha dun servizo de VT nas súas organizacións.